Thursday 16 de May de 2024

Clausura dos cursos de informática do Concello de Ordes


Esta fin de semana clausuráronse os cursos de informática postos en marcha polo Concello de Ordes. Concretamente entregáronse os diplomas aos alumnos e alumnas dos niveis de iniciación e usuario, que en conxunto sumaron un total de 40 asistentes. Na clausura estiveron presentes os edís de Educación e Cultura, Susana García e José Manuel Mira, quenes animaron a todos a seguir participando nas seguintes convocatorias para ampliar os seus coñecementos.